Concello de Mos

@concellodemos

🏛 Perfil oficial do Concello de Mos
Followers
6,354
Following
776
Account Insight
Score
32.8%
Index
Health Rate
%
Users Ratio
8:1
Weeks posts
Mos encheuse de cultura, emoción e tradición da man de Ruada Folk, Coro Setestrelo, Cantareiras de Sobreira, Grupo de Baile Ruada e tamén de @malvela_oficial , coa proxección de “Begoñísima”. Unha mañá para reivindicar o orgullo polo noso, pola nosa identidade e pola importancia de seguir transmitindo a cultura galega ás novas xeracións. Grazas a todas as persoas e colectivos que fixestes posible esta celebración das Letras Galegas 2026. #somosmos #LetrasGalegas #BegoñaCaamaño #CulturaGalega #tradicióngalega
7 0
1 hour ago
CONCERTO FESTA DA ROSA 26! 🌹 Volve o gran concerto pola FESTA DA ROSA a MOS! 🫶 Despois do dia histórico que vivimos no 2025 con @juanmagan , só vos podemos decir que esta edición imos a superalo! 🤭 Garda ben a data 📝VENRES 05 XUÑO, e mantente atentx as nosas redes porque moi pronto anunciaremos CARTEL DE ARTISTAS + GRAN SORTEO! 🤩 Necesitamosvos moi activos, imos a vivir algo incrible… MOS! 🤯 🆓 Entrada gratuita
300 1
11 hours ago
🚴‍♂️ O Concello de Mos estivo presente hoxe na Vigo Copa de España Elite e Sub-23, unha das probas máis importantes do ciclismo nacional. O municipio foi protagonista da xornada co Premio Especial Concello de Mos, ao seu paso polas Angustias, no km. 124 do percorrido, nunha edición marcada pola dureza do trazado e o gran nivel deportivo dos participantes. A concelleira de Deportes, Felisa Rodríguez, participou na entrega do recoñecemento ao paso da carreira polo municipio. #somosmos #Ciclismo #Deporte #VigoCopaEspa
10 0
11 hours ago
Hoxe vivimos no Óscar Pereiro o Festival de Primavera do Blossom Skating Club. 🌸🛼 Unha mañá chea de talento, esforzo e emoción que, como non podía ser doutro xeito neste Día das Letras Galegas, rematou coa bandeira galega ondeando con orgullo. 💙🤍 Parabéns a todas as patinadoras, familias e organización por facer de Mos un referente do deporte e da cultura galega. ✨ #somosmos #DíaDasLetrasGalegas #Patinaxe #FestivalDePrimavera #BlossomSkatingClub
29 1
13 hours ago
📍Sanguiñeda celebra as festas na honra de Santiago Apóstolo nunha xornada de tradición, convivencia e ambiente festivo. O Concello de Mos acompaña á veciñanza nesta celebración, que conta coa tradicional misa na honra de Santiago e coa posterior festa popular para compartir entre familia, amizades e comunidade. A parroquia vive así unha cita marcada polas tradicións, a unión veciñal e o espírito festivo. #somosmos#Sanguiñeda #SantiagoApóstolo #Festas #TradiciónGalega
27 0
15 hours ago
🚗💨 Pereiras volveu vibrar coa paixón polo Volkswagen Golf nunha nova edición da xa tradicional Golfmanía, que un ano máis reuniu unha magnífica inscrición e numerosos afeccionados ao motor a Pereiras. O concelleiro de Pereiras, Leo Costas, asistiu á saída da ruta para acompañar a Daniel Lago e a todo o equipo organizador, recoñecendo o gran traballo que realizan para facer posible este evento que xa é unha referencia no calendario local. Dende o Concello de Mos queremos agradecer a Daniel e a toda a organización o esforzo, a implicación e a dedicación para seguir levando adiante unha xornada de convivencia e afección ao motor que cada ano medra máis. 📸 Compartimos algunhas imaxes da saída da ruta desta 14ª edición de Golfmanía.
87 0
19 hours ago
🎭✨ “Repunantas” encheu esta tarde o Multiusos das Pozas cunha viaxe pola historia das grandes mulleres da literatura galega. Da man de Inma López Silva e Francisco Castro, o público puido gozar dun espectáculo cheo de humor, música, literatura e reivindicación arredor da forza das “repunantas” que mantiveron viva a nosa lingua ao longo dos séculos. 📚 Unha proposta diferente, crítica e moi divertida dentro da programación das Letras Galegas do Concello de Mos. Grazas a todas as persoas asistentes por acompañarnos nesta celebración da cultura e da lingua galega 💙 #somosmos #LetrasGalegas #Repunantas #Falaredes #LinguaGalega
22 0
1 day ago
🎶🍽️ A misa da Virxe de Fátima e a Festa da Zorza continúan a encher de ambiente festivo San Eleuterio, en Tameiga, nesta xornada de celebración e convivencia veciñal. A estas horas, o torreiro de festas segue reunindo a numerosas persoas arredor da música tradicional, da gastronomía popular e do gran ambiente que se vive nesta cita organizada pola Comisión de Festas San Eleuterio 2026. 👏🏻 Dende o Concello de Mos queremos felicitar á organización e agradecer o esforzo de todas as persoas colaboradoras que manteñen vivas as nosas tradicións #Mos #Tameiga #SanEleuterio #FestaDaZorza #Romería TradiciónGalega
30 0
1 day ago
🎓✨ Mos celebrou hoxe a graduación da V Promoción do Conservatorio Profesional de Música de Torroso. 16 alumnos e alumnas rematan unha etapa marcada polo esforzo, a constancia e a paixón pola música, converténdose ademais na promoción máis numerosa da historia do centro. Parabéns a todo o alumnado graduado, ás súas familias e ao profesorado por seguir facendo do Conservatorio de Torroso un referente cultural e educativo dentro e fóra de Galicia. 👏🎶 O noso agradecemento tamén ao músico Alejo Amoedo Portela por acompañar esta promoción como padriño nun día tan especial. #somosMos #ConservatorioDeTorroso #Graduación #Cultura #Música
58 0
1 day ago
🥋 Éxito total no Campionato Provincial Escolar de Kung Fu celebrado hoxe en Mos! Centos de rapaces e rapazas participaron nunha intensa xornada deportiva marcada pola convivencia, o esforzo e o gran ambiente vivido no pavillón Óscar Pereiro. 👏 Dende o Concello de Mos queremos agradecer á organización e a todos os clubs participantes por escoller o noso municipio para acoller unha cita deportiva desta importancia. As concelleiras Felisa Rodríguez e Laura Méndez foron as encargadas de facer entrega das medallas aos participantes. 🏅 Mos segue consolidándose como referente na organización de eventos deportivos de primeiro nivel. 💪 #somosmos #KungFu #moscodeporte #DeporteEscolar
18 1
1 day ago
Hoxe Mos despide a unha desas persoas que deixan pegada de verdade. Faleceu Don Ángel Abad Bernárdez, home comprometido coa súa parroquia e coa vida social de Mos. Foi vicepresidente e secretario da Asociación de Veciños “Nosa Terra de Pereiras”, ademais de concelleiro do Concello de Mos, sempre cunha forma de traballar discreta, constante e próxima á xente. O seu compromiso, a súa entrega e o seu carácter dialogante deixan un recordo difícil de esquecer entre todas as persoas que compartiron camiño con el. Dende o @concellodemos hoxe queremos trasladar o noso máis sentido pésame á súa familia, amizades e a toda a veciñanza que hoxe sente esta perda. Descanse en paz
52 2
1 day ago
🍔🎶 O Local Social de Dornelas énchese hoxe de ambiente, música e boa gastronomía coa celebración da Festa da Hamburguesa Cachena organizada pola Comisión de Festas San Franco 2026. Durante toda a xornada, veciñanza e visitantes están a desfrutar dunha cita festiva con actuacións musicais, tradición e convivencia nun gran ambiente. Dende o Concello de Mos queremos agradecer o traballo e implicación da organización e de todas as persoas colaboradoras que fan posible este tipo de iniciativas que dinamizan as parroquias e fortalecen a vida social do municipio. 👏🏻 #Mos #Dornelas #FestaDaHamburguesa #TradiciónEGastronomía #SanFranco
64 1
1 day ago