Estades preparados para o 𝒄𝒊𝒄𝒍𝒐 𝒅𝒆 𝒎𝒐𝒏𝒐́𝒍𝒐𝒈𝒐𝒔 𝒅𝒆 𝑨𝒎𝒆𝒔💬 Alguén parece que vai algo xustiño 🤣
Humor, retranca e risas durante catro días nas Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro. Unha cita imprescindible para gozar do talento galego da man de artistas e monologuistas que encherán Ames de gargalladas e boa enerxía este mes de maio.
📅 Do 21 ao 24 de maio
📍 Bertamiráns e Milladoiro
🎟️ Entradas á venda en abilleira.concellodeames.gal
Xoves 21/05
Josito Porto
Luis Rey
📍 Casa da Cultura de Bertamiráns
🕘 21:00 h
Venres 22/05
Marita Martínez
Carla Mañas
📍 Casa da Cultura do Milladoiro
🕘 21:00 h
Sábado 23/05
Leti da Taberna
Irene Medín
📍 Casa da Cultura de Bertamiráns
🕘 21:00 h
Domingo 24/05
Celso Fernández Sanmartín
Fernando Palitos
📍 Casa da Cultura do Milladoiro
🕖 19:00 h
Toda a ℹ️🔗🎟️ https://bit.ly/4uD1XEj
#Monólogos #Ames #ConcelloDeAmes #Cultura
Adxudícase o servizo de recollida de animais domésticos abandonados, lacería e xestión de colonias felinas por 387.200 euros 🐈
🐾 A Xunta de Goberno Local aprobou este venres, 15 de maio, a adxudicación do servizo de recollida de animais domésticos abandonados, lacería e xestión de colonias felinas á empresa Centro Galego de Adopción e Rescate de Animais SL.
📋 O contrato, por un importe de 387.200 euros, terá unha duración inicial de dous anos, con posibilidade de prórroga anual ata un máximo de catro anos.
Este novo servizo inclúe:
• Campañas de concienciación nos colexios e institutos de Ames.
• Un plan progresivo para a correcta xestión das colonias felinas en todo o concello.
Toda a ℹ️🔗 https://bit.ly/4uOjWaP
#RecollidaDesAnimais #ColoniasFelinas #Ames #ConcelloDeAmes
O club Ames Atletismo @amesatletismo presenta unha nova edición do seu campus deportivo para os meses de xuño e setembro 🏃🏻♀️🎽
🔸O club seguirá adestrando tódalas disciplinas do atletismo dun xeito lúdico e adaptándose ás necesidades de cada atleta.
🔸Un ano máis, contará coa colaboración do Concello de Ames na cesión de instalacións deportivas e na promoción da programación deportiva.
Para saber máis ℹ️🔗 https://bit.ly/4dOAxph
#Atletismo #Deporte #Ames #ConcelloDeAmes
A Escola de @karatedokkodo leva cinco deportistas ao XLVIII Campionato de España Infantil e compite ao máis alto nivel nacional 🥋
🔸O campionato celebrouse a pasada fin de semana no Palacio de los Deportes de Oviedo, no que os cinco deportistas da escola amesá que formaron parte da expedición galega protagonizaron actuacións de gran calidade técnica ante os mellores karatekas do Estado.
Para saber máis ℹ️🔗 https://bit.ly/3PaYYnE
#Deporte #Karate #Ames #ConcelloDeAmes
Manuel Portas Fernández, Carlos Negro Romero e Dolores Vilavedra Fernández forman o xurado do XXIII Certame Literario de Ames 📖
O departamento de Normalización Lingüística do Concello de Ames vén de publicar as cifras de participación e os nomes das persoas que integran o xurado desta edición.
✍️ Nesta ocasión presentáronse 186 traballos, case trinta máis ca na edición anterior, consolidando o certame como unha referencia da creación literaria en galego.
📖 Grazas a todas as persoas participantes por seguir facendo medrar a literatura galega edición tras edición! Consulta a listaxe completa de traballos presentados 🔗 https://bit.ly/3PkSR03
#CertameLiterario #Ames #ConcelloDeAmes
📢 O Concello de Ames é beneficiario dunha axuda concedida pola Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais ao abeiro da Orde do 13 de agosto de 2025, destinada á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
✅ A subvención, cofinanciada pola Unión Europea a través do programa FSE+ Galicia 2021-2027, permitiu a contratación dunha Auxiliar Administrativa adscrita á Concellería de Promoción Económica, Emprendemento e Atención e Participación Veciñal.
Para saber máis ℹ️🔗 https://bit.ly/3Pqsw0n
#Emprego #Ames #ConcelloDeAmes
A nova app Deportes Concello de Ames xa está dispoñible en Android e IOS 📲
🔸O Concello de Ames, a través do departamento de Deportes, vén de desenvolver a app Deportes Concello de Ames, un novo aplicativo para a inscrición nas actividades deportivas, a reserva ✅ dos distintos espazos deportivos (pistas de tenis, pádel…) e a tramitación dos distintos tipos de carné de acceso para as piscinas descubertas municipais 🎾🏊
🔸A plataforma está dispoñible en versión online e tamén na App Store e Google Play, con versión para Android e iOS.
ℹ️ Para máis información sobre o uso desta aplicación web 🔗https://bit.ly/4nwV7hn
#Deporte #AppDeporte #Ames #ConcelloDeAmes
🐺🌿 O lobo será o gran protagonista esta fin de semana en Ames!
O Departamento de Medio Ambiente, a través da Aula da Natureza, organiza os días 📅 16 e 17 de maio as I Xornadas Monográficas sobre o Lobo no 📍Pazo da Peregrina, en Bertamiráns.
Dúas xornadas para descubrir máis sobre o gran depredador salvaxe de Galicia, coñecer o seu papel na natureza e desmontar mitos arredor da súa figura a través de diferentes actividades e propostas divulgativas.
Algunhas das actividades precisan inscrición, toda a programación ao detalle aquí ℹ️🔗 https://bit.ly/4dbHCQL
#AulaNatureza #Lobo #Ames #ConcelloDeAmes
A programación do Ames Cultural 2026 para o primeiro semestre do ano contou con máis de 2.200 espectadores 🎭🎶🗣️
🔸A programación do Ames Cultural rematou a pasada fin de semana do 8 e 9 de maio coa obra ICTUS (anatomía de “A derradeira leición” de Castelao), que foi representada na Casa da Cultura de Bertamiráns.
🔸A programación de artes escénicas do Concello de Ames para o primeiro semestre do ano 2026 contou con doce espectáculos de teatro, danza e circo.
🔸Todos os espectáculos foron representados por compañías galegas!
Toda a ℹ️🔗https://bit.ly/437U8e0
#Cultura #AmesCultural #Ames #ConcelloDeAmes
Bugallido celebra esta fin de semana a terceira edición da Carballeira das Letras e a festa do San Isidro 👅🎶
🎼 Bugallido acollerá os vindeiros 15, 16 e 17 de maio unha intensa programación cultural, musical e festiva arredor da III Carballeira das Letras e da tradicional celebración do San Isidro, cun amplo abano de actividades para todos os públicos 🙌🏻
O Concello de Ames e a Deputación da Coruña colaboran na programación do San Isidro co concerto da 🎤Orquestra Folk de Galicia Son de Seu, que forma parte da programación municipal de Música nas parroquias.
Para saber máis, toda a programación aquí 🔗ℹ️https://bit.ly/4depZ1a
#Bugallido #LetrasGalegas2025 #Ames #ConcelloDeAmes
A II Semana Intercultural do @iesmilladoiro remata coa gala e gran xantar solidario 🍽️
A gala de clausura, presentada polo alumnado de Artes Escénicas, deu paso a unha gran festa no anfiteatro do Milladoiro coa actuación do grupo Mekanika Rolling Band 🎶
🔸Como peche realizouse unha xantar solidario, aberto á comunidade educativa do centro, e que contou coa colaboración de Manel Oliveira, e de Gonzalo Bigmoe e Madrineta, de Flaco.
🔸Este xantar supuxo o peche festivo da Semana Intercultural, un proxecto que pon en valor a pluralidade como fonte de riqueza colectiva promove a narrativa positiva e integradora a nivel educativo e comunitario.
Toda a ℹ️🔗 https://bit.ly/42CVHR0
#IESMilladoiro #SemanaIntercultural #Educación #Ames #ConcelloDeAmes