Arrincan os Xogos Paralímpicos en París, que se prolongarán ata o 8 de setembro coa participación de 14 paralímpic@s galeg@s .
Segue toda a información no portal #galiciaolimpica 🏅
.
📸 @sam_sebesushist
Di @guarromantico_ que a felicidade está en comer algo rico con alguén que queres... e nós estamos totalmente de acordo! 😜
#hostaleríacompostelá #comphostelería
.
📸 @guarromantico_
Ahí van uns cantos consellos para evitar reclamacións na #hostalería.
1/ Todos os prezos deben estar perfectamente indicados.
2/ O prezo de todo o que se sirva no negocio debe estar indicado co 10% de IVE incluído. Os establecementos son libres de cobrar o que queiran polos produtos, pero hai que indicalo na carta.
3/ COIDADO cos pratos fóra de carta que se "cantan" na mesa, de corrido e sen mencionar os prezos. O mellor é escribilos antes do servizo, aínda que sexa a man, e engadilo á carta cos seus prezos, pero de non facelo, hai que indicalos ao ofrecelos de viva voz.
4/ O mesmo co PSM (Prezo Segundo Mercado). Debe de ir acompañado do seu importe actualizado.
5/ Indicar claramente cada produto da carta para que non haxa confusións. Ración de (o que sexa): Especificar o produto e indicar os gramos ou as unidades.
6/ PAN. Pódese cobrar a condición de que o cliente consúmao e o hostaleiro teña o seu prezo indicado na carta. (Por iso, é mellor preguntar antes se o van a querer, e non traelo directamente tras a comanda do cliente sen dicir nada).
7/ CAFÉ CON XEO. Se se vai a cobrar máis por un café servido con xeo ten que quedar reflectido na carta.
8/ Pódese cobrar suplemento por servir na terraza, pero debe estar indicado. E non vale con poñer: "Cobrarase un suplemento pola terraza", nin indicar unha porcentaxe. Hai que poñer claramente o prezo final cos dous prezos: en interior e en terraza.
9/ AUGA DA BILLA. A auga da billa NON se pode cobrar. Cobralo é unha práctica ilegal indicada na Lei 7/2022, do 8 de abril. Se o cliente pídeo, hai que servir auga da billa de maneira gratuíta e non obrigar a consumir auga embotellada.
10/ NON SE PODE COBRAR polos medicamentos nin suministralos. Iso só pode facelo a farmacia ou o médico.
(*) Consellos de Gran Cru Academy
ATENCIÓN
⏰ Se amplía unha hora máis o horario de funcionamento das terrazas de hostalería os días 15 e 16 de agosto de 2024 por mor das Festas de San Roque. A ampliación de horario autorizada se corresponderá coas noites do 14 ao 15 e do 15 ao 16 de agosto (Festas de San Roque). O horario de peche das terrazas será ás 03:30 h da madrugada de ditos días festivos.
Do mesmo xeito, se amplía unha hora máis o horario de funcionamento dos propios establecementos hostaleiros, sempre que os establecementos conten coa correspondente licenza municipal e cumpran con toda a normativa de aplicación
.
#hostaleríacompostelá
Xa estamos coa celebración dunha nova edición do #FEITOAMAN reivindicando 'A cidade paralela, aquela que nos habita' ata o 24 de agosto en 13 escenarios das ruas e prazas da cidade vella e con preto de 40 propostas de música ao vivo. Desfruta delas e dos nosos locais asociados!
Programación completa xa dispoñible en www.festivalfeitoaman.gal
#hostaleríacompostelá #comphostelería @cidadevella@concellosantiago@culturadadeputaciondacoruna
Un espectáculo pirotécnico poñerá esta noite o colofón ás Festas do Apóstolo. Será desde a Alameda, ás 23:30 horas, e terá unha duración duns 16 minutos.
Ademais, a hostalería pechará unha hora máis tarde para goce de veciños e turistas!!
.
#apóstolo2024 #hostaleríacompostelá
O 29 de xullo réndese unha homenaxe moi especial a un dos pratos elaborados con pasta máis populares no mundo. Celébrase o Día Mundial da Lasaña, un prato que se prepara ao forno, elaborado con varias capas ou láminas de pasta e con diversas opcións de recheo: carne picada, pito, peixe ou vexetais. Non pode faltar unha boa salsa preparada con tomates e aderezada con queixo fundido e a gozar!!
Celébrao pedíndoa nalgún dos nosos restaurantes asociados que a teñan en carta!
.
📸 Pixabay
Xa estamos na última semá das festas do Apóstolo e a piques de rematar o mes de xullo.
Lembrade que as nosas oficinas xa están abertas de novo no seu horario habitual de verán!
📌 Aproveitando que é a Semana Grande das Festas do Apóstolo, as nosas oficinas permanecerán pechadas HOXE, día 26 de xullo.
Volveremos abrir o vindeiro luns 29 no noso horario habitual de verán.
Feliz ponte!
.
#hostaleríacompostelá