Home cmsalnesPosts

Clube Mariño Salnés

@cmsalnes

O CMS é unha asociación cultural e deportiva fundada en Cambados en 1998. Navegamos, restauramos, e poñemos en valor as embarcacions tradicionais.
Followers
715
Following
676
Account Insight
Score
24.19%
Index
Health Rate
%
Users Ratio
1:1
Weeks posts
Dende o Clube Mariño Salnés queremos amosar o noso pesar polo pasamento de Ivonne Baptista e agradecerlle a súa contribución a prol do patrimonio marítimo e o achegamento cultural entre Galiza e Portugal. DEP. @museumaritimoesposende
20 2
22 days ago
Comeza a tempada no Clube Mariño Salnés, a nosa Muller de Balboas xa volve tocar o mar. Con moitas ganas dos eventos que temos no horizonte próximo seguimos con arranxos, rematado agora o noso buque insignia continuamos co resto de embarcacións co gran evento @pasaiaitsasfestibala como motivación. Grazas a todas as mans que o facedes posible e ben agradable :) e a @diego.avelaina pola peza de vídeo 🤎.
80 4
1 month ago
[EUS] ✨🚣‍♂️ “O loro de Cambados” ontzi mota tokiko ondarea da, bakarrik herri honen tipologia baita. Hilabete batzuk zaharberritzen eman ondoren, Pasaian izango da lehen aldiz. [ES] ✨🚣‍♂️ El loro es patrimonio local de la villa de Cambados, porque es una tipología única. Después de meses de restauración, estará por primera vez en Pasaia. [FR] ✨🚣‍♂️ Le « loro » fait partie du patrimoine local de la ville de Cambados (Galice), car il s'agit d'un type de bateau unique. Après plusieurs mois de restauration, il sera présenté pour la première fois à Pasaia. [EN] ✨🚣‍♂️ The 𝘭𝘰𝘳𝘰 is a local landmark in the town of Cambados (Galicia), as it is a unique type of boat. Following months of restoration, it will be on display in Pasaia for the first time. 👋 Ongi etorri @cmsalnes ! Benvidas e benvidos! Admirable el trabajo que lleváis haciendo desde hace más de 25 anos para conservar el patrimonio cultural de Galicia, en este caso con la ayuda de @deputacionpontevedra . ⛵️ 𝗝𝗜𝗣𝗜 📍 Cambados (Pontevedra) ↔️ 4,70 m 🔨 1980 ---------🗓--------- #PasaiaItsasFestibala2026 MAI 14-17 MAY 2026 --------------------- #PIF2026 #embarcaciónstradicionais #embarcacionestradicionales #egurrezkoontzia
67 1
1 month ago
[EUS] ✨⛵ 80ko hamarkadan eraikita, eta duela 3 urte zaharberritua. Aurreko jabeak bazekien ondo zeini eman bere dorna tradizionala. Ontzi txiki hau egoera txarrean egon arren, Clube Mariño Salnés elkarteko kideek ez zuten zalantzarik izan zaharberritzeari ekiteko. [ES] ✨⛵ Su anterior propietario sabía bien a quién le estaba donando su dorna: a pesar del mal estado en que se encontraba esta pequeña embarcación, las personas que forman el Clube Mariño Salnés no dudaron en emprender su restauración. Construida en la década de los 80, la recuperaron hace 3 años. [FR] ✨⛵ Son ancien propriétaire savait très bien à qui il faisait don de sa dorna : malgré le mauvais état dans lequel se trouvait ce petit bateau, les membres du Clube Mariño Salnés n'ont pas hésité à se lancer dans sa restauration. Construite dans les années 80, ils l'ont remise en état il y a trois ans. [EN] ✨⛵ The previous owner knew exactly who he was donating his dorna to: despite the poor condition of this small boat, the members of the Clube Mariño Salnés did not hesitate to undertake its restoration. Built in the 1980s, they restored it three years ago. 👋 Ongi etorri @cmsalnes ! Benvidas e benvidos! Nos alegrará volver a veros en Pasaia. ⛵️ 𝗨́𝗟𝗧𝗜𝗠𝗔 📍 Cambados (Pontevedra) ↔️ 4,55 m 🔨 80ko hamarkada / Los 80 ---------🗓--------- #PasaiaItsasFestibala2026 MAI 14-17 MAY 2026 --------------------- #PIF2026 #embarcaciónstradicionais #embarcacionestradicionales #egurrezkoontzia
73 0
1 month ago
O pasado sábado 28 de marzo, dende o Clube Mariño Salnés puxemos rumbo a esta xoia das nosas rías, navegando coa xente de @piratasdenabia . A nosa área de actividades, coa fantástica organización de @escu_fergo , preparou unha xornada inesquecible. Quen nos acompañou puido mergullarse de cheo na fascinante historia da illa: dende a Idade Media ata hoxe! Durante a visita, descubrimos os segredos do paso do clero, os ataques do corsario Drake, a influencia da burguesía e como se vivía aquel antigo "feudalismo" ata chegar ao modelo actual de non-propiedade. Gozamos dunha fermosa camiñada explorando os seus recunchos e, para repoñer forzas, rematamos cun estupendo cocido en Casa Acuña. Un auténtico manxar! Puidemos tamén coñecer á Carmen, a última dorna de Ons. Grazas a todas as persoas que fixestes posible esta saída tan enriquecedora. Vémonos na próxima aventura!
71 1
1 month ago
No Clube Mariño Salnés imos acabar sendo uns 'pijos' de moito coidado! Grazas á Concellería de Deportes de Cambados (@deportes_mocidade_cambados @gomezfabellonoelia ), xa disfrutamos desta nova pseudogrúa 'volteadornas 3000', á que non paramos de facerlle cambios e melloras para sacarlle o máximo partido. As nosas costas agradéceno moitísimo!
73 5
2 months ago
Comezamos cas tarefas de mantemento das nosas embarcacións: inventario, revisión do estado e planificación van seguidas de limpeza interior, aspirado e primeira man de fondo protector da madeira. Nesta quenda de mañá de sábado contamos con Dani, Javi, Lorena, Noelia, Romeo, Santi, e Xesús.
56 1
2 months ago
Celebramos a inauguración desta exposición tan especial no baixo do Concello de Cambados. Dende o Clube Mariño Salnés queremos agradecer a todas as persoas que vos achegastes a descubrir esta visión en feminino da navegación tradicional e da nosa ría. ​A mostra recolle 34 fotografías en branco e negro da fotógrafa Hadriana Ordoñez, capturadas durante a campaña de navegación de 2025 a bordo das nosas embarcacións tradicionais, e moi especialmente da dorna de tope "A Muller de Balboas". ​O encontro de hoxe foi unha fermosa homenaxe visual á transcendental presenza das nosas socias, que coa súa dedicación e enerxía melloran todos os aspectos vitais do noso clube. ​Moitas grazas por acompañarnos!
39 0
2 months ago
O @concellodecambados elaborou un ano máis un fermoso calendario do noso pobo, esta vez querendo dar visibilidade ó movemento asociativo das Embarcacións tradicionais de Galicia. Moitísimas gracias unha vez máis polo gran apoio ❤️. Non puidemos deixar pasar a oportunidade de colaborar, e puxemos a disposición do concello unha pequena selección do seu arquivo. Compartimos con vós o contexto dos meses co que o Clube Mariño Salnés tivo parte. Xaneiro, a dorna Airexa, lucindo casco de cor azul, pola ribeira de Cambados no I Memorial Tito Silva (2010), evento de @velatradicionalcambados no que colabora o CMS. Febreiro, a XIII Regata do Albariño, unha regata sen moito vento na que se puido cortar a empanada a bordo organizada polo CMS (2024). Marzo, izado de velas da segunda xornada da I Festa Mariñeira, evento de @velatradicionalcambados no que colaboramos (2024). Maio, XIV Regata do Albariño (2025), evento organizado polo Clube Mariño Salnés no seo da II Festa Mariñeira. Xullo, a dorna Airexa rumbo a Rúa (Ano descoñecido). Agosto, saídas durante a I Festa Mariñeira, a @dornaperegrina levando de bautismo de mar a @espineirasofia e a Muller de Balboas acompañando con membros do CMS. Novembro, o CMS rescata tras lustros a Regata do Albariño, sendo esta a XII edición (2023). Decembro, a @dornaperegrina acompañando outras embarcacións tradicionais na rampa de San Tomé. Contraportada, a Última ca vela pintada por @diegovites durante a II Festa Mariñeira (2025).
43 2
4 months ago
Como xa sabedes, no Clube Mariño Salnés encántanos visitar ós nosos compañeiros e compañeiras por todo o territorio. Nesta ocasión fixemos unha fermosa viaxe para coñecer os proxectos nos que andan os amigos e amigas da asociación @acterradeoutes , un colectivo rico en inquedanzas da nosa cultura. Os socios e socias que fixeron a expedición puideron disfrutar da ruta dos carpinteiros dos pés mollados, unha experiencia que vai moito máis alá dun simple paseo. Camiñar polas beiras do río Tines permitiunos entender a xenética deste concello: esa simbiose perfecta entre a madeira do monte e a construción naval. Foi emocionante seguir o rastro dos vellos serradoiros e imaxinar o traballo arreo daqueles artesáns que baixaban os troncos para convertelos en botes, balandros, pailebotes... que se representan na obra "A carpintería de ribeira e os estaleiros no Concello de Outes" coa que nos agasallaron. A xornada rematou nas fermosas instalacións do @museo.enoutes (O Estaleiro de Ciprián), e non imos ocultar a envexa que nos dan! 🙂 Pero é unha envexa sá e chea de admiración. Ver como recuperaron ese espazo, mantendo o cheiro a madeira, a brea e o serrín, é un exemplo para todos nós. É un luxo ver un estaleiro vivo, que non só garda pezas de museo, senón que funciona como unha aula aberta onde o oficio da carpintería de ribeira ten futuro. Queremos agradecer a Terra de Outes a súa hospitalidade e o tempo que nos dedicaron explicándonos cada detalle, personificados en Juan, Xesús, Paz e Nacho. Volvemos para o Salnés coa libreta chea de ideas, o espírito mariñeiro renovado e, por suposto, coa promesa de que a próxima será na nosa casa. O mar únenos, e o patrimonio fainos irmáns. Grazas, compañeiros! 🌊🪵⛵
72 2
5 months ago
O sábado 13 de setembro, un grupo de integrantes do CMS desprazouse até a vila de Bueu para compartir unha xornada de navegación coa asociación @galosbueu O programa incluía a visita pola mañá ao Museo Massó para percorrer as súas distintas salas así como unha visita ao pecio da lancha xeiteira A Marina, que se conserva na sala dedicada aos barcos tradicionais. Posteriomente, dirixímonos ao porto, onde distintos integrantes dos Galos agardábanos a bordo da traiñeira Pescadoira, do bote polbeiro Vila de Bueu e mais do bote xeiteiro Os Galos. Unha vez distribuídas as tripulacións, puxemos proa á ílla do Santo, onde realizamos un fondeo para compartir un xantar colectivo. Logo de repoñer forzas, arribamos á illa para percorrer a súa fermosa contorna. Na tarde, aproveitando o favorable vento do oeste, navegamos pola ría en bordos entre as praias de Udra, Lapamán, Portaior ou Beluso. E xa avanzado o día, á fermosa frota de velas latinas, xuntouse tamén o galeón Ave de Paso e o bote As Lagoas, o primeiro barco restaurado por esta veterana asociación. Ao remate da xornada, todos coincidimos en repetir a experiencia e mesmo animar a outras entidades de cultura marítima, co ánimo de coñecer e aprender o manexo doutras tipoloxías de EETT, así como fornecer a convivencia entre os membros das distintas asociacións dedicadas á protección do patrimonio marítimo. Moitas grazas a todos os o integrantes do Galos pola calurosa acollida e a fenomenal xornada de navegación na súa impresionante frota. Nomeadamente a Lidia, Nano, Begoña, Suso, Ricardo, Eduardo, Carmela e Curra.
57 1
7 months ago
A dorna Pindirucha no Encontró de EETT de Esposende, a navegar polo río Cávado.
58 0
8 months ago