Breogan do Grove

@cmdcbreogan

Club de Piragüismo en O Grove
Followers
1,355
Following
770
Account Insight
Score
26.71%
Index
Health Rate
%
Users Ratio
2:1
Weeks posts
OUTROS TRES BARCOS CON MEDALLA NA COPA DE ESPAÑA DE BARCO DRAGÓN 200 e 500 m. Hoxe disputouse a segunda xornada da Copa de España de Barco Dragón 200 e 500 m. cuio resultado foi de novo moi meritorio, pois as tres Medallas de Ouro acadadas no día de onte na distancia de 500 m.; hoxe volveronse acadar outros tres medales na distancia de 200 m.: Muller veterana 200 m. Medalla de Prata. Mixto veterano 200 m. Medalla de Prata. Open veterano 200 m. Medalla de Ouro. Dos oito barcos presentados polo Breogán, seis acadaron medalla (4 ouros e dúas pratas), donde a suma da puntuación dos oitos barcos levounos a acadar o Subcampionato de esta retada nacional, a tan só cinco puntos do primeiro posto. (informaremos mañán).
16 0
8 hours ago
Open veterano 500 m, Medalla de Ouro Copa de España 200 e 500 m
15 1
1 day ago
Mixto veterano 500 m, Medalla de Ouro Copa de España Barco Dragon 200 e 500 m
12 1
1 day ago
As Centol@s do CMDC Breogan do Grove, Medalla de Ouro no DB10 muller veterana 500 m. na Copa de España de Barco Dragón 200 e 500 m.
31 1
1 day ago
Castrelo de Miño, preparadas para competir na Copa de España Barco Dragón 200 e 500 m.
17 0
1 day ago
O XADREZ BREOGÁN NO CAMPIONATO GALEGO POR EQUIPOS DE XADREZ RÁPIDO O equipo do Xadrez Breogán, participa este domingo no Campionato Galego por Equipo de Xadrez Rápido, que se disputa no Hotel Scala de Padrón. Neste campionato os equipos poden inscribir entre 6 e 12 participantes, dos que xogan 4 en cada enfrontamento, a aliñación pode variar en cada enfrontamento. O Xadrez Breogán inscribeu o equipo formado por: David Torres, Juanjo Pérez Negro, David Dezagoire, Heladio Outeiro, José M. Álvarez e Manuel Mascato. O sistema de xogo deste campiontao, sera sistema Suizo a sete roldas e valedeiro para elo FIDE Rápido. O ritmo se xogo será de 15 minutos con incremento de 5 segundos/xogada, ou ritmo similar en duración.
5 0
1 day ago
COPA DE ESPAÑA BARCO DRAGÓN 200 e 500 M. COPA GALEGA DE SPRINT CADETE REGATA PROVINCIAL INFANTÍS – O NOSO CLUB Esta fin de semana, s nos@s representantes estarán presentes en tres competicións de piragüismo, con unha regata de carácter estatal, outra autonómica e outra provincial. COPA DE ESPAÑA BARCO DRAGÓN 200 e 500 M. Durante o sábado e domingo, o Parque Náutico de Galicia en Castrelo de Miño (Ourense), acollerá a Copa de España de Barco Dragón 200 e 500 m., sendo a segunda regata puntuable da Liga Nacional de Barco Dragón. Para esta competición o Breogán inscribeu un total de oito barcos: Muller veterana 500 m. Mixto veterano A 500 m. Mixto veterano B 500 m. Open veterano A 500 m. Open veterano B 500 m. Muller veterana 200 m. Mixto veterano 200 m. Open veterano 200 m. A expedición breoganista, encabezada polo técnico José Luis Otero Padín, estará formada por 32 deportistas: Mª Carmen Serantes, Uxía Pallares, Mili Piñeiro, Antonio Devesa “Tolín”, Javier Blanco, Amelia Vidal, Fatima Barreiro, Félix Lamas, José Fco. García, Ana Valladares, Rufino Garrido, Amalia Fernández, Daniel Álvarez, Mª Carmen Aboal, Martina Fontán, Isabel Agrelo, Elisa Filgueira, Fredi Bea, Diego García, Diego Cabaleiro, Simón Díaz, Maika Aguiño, Cristian Ribademar, Antía Rodríguez, Mónica Góñez, Yaser Antonio Silva, Mª Carmen Meis, Yolanda Pallares, Alicia Barreiro, Maite Galiñanes, Rubén Rodríguez, Mª José Lema. COPA GALEGA DE SPRINT CADETE O sábado disputase no Complexo Deportivo David Cal de Verducido, a Copa Galega Sprint Cadete, en embarcións de equipo (K2, K4, C2, C4), sobre os 500 m. Nesta proba participarán: Lidia Padín e Eva Orellana no K2 muller cadete. REGATA PROVINCIAL INFANTÍS – O NOSO CLUB E o mesmo tempo que a Copa Galega Sprint Cadete, terá lugar unha Regata Provincial de Infantís, regata indiviual sobre 1.000 m., e puntuble para a Liga Provincial – O Noso Club. Nesta proba estarán presentes: K1 muller infnatil A: Laura García, Daniela Parada e Nuria Rodríguez. C1 muller infantil A: Tamia Saransig.
21 1
2 days ago
ANTÍA RODRIGUEZ CAMPIONA DO LXIX DESCENSO INTERNACIONAL DO MIÑO LUGO A nosa padexeira e vicepresidenta, Antía Rodríguez proclamouse campiona na categoría K1 muller senior no LXIX Descenso Internacional do Miño Lugo – Campionato Galego de Ríos. Antía amosou unha vez o seu pundonor e competitividade, xa que chegou a meta co timón roto, realizando un tempo de 1:52,23 en percorrer os 18 quilometros desta competición.
23 0
7 days ago
LXIX DESCENSO INTERNACIONAL MIÑO DE LUGO Mañán sábado, con saída as 17:00 h., disputase a LXIX Descenso Internacional Miño de Lugo; con saída en Rábade e meta na Ponte Romana de Lugo. O CMDC Breogán do Grove, estará representado pola nosa padexeira e vicepresidenta, Mª Antía Rodríguez, que participará no K1 muller senior.
11 0
9 days ago
19 0
10 days ago
Gran saída de DAVID LEIRO na proba de longa distancia do CAMPIONATO DE ESPAÑA DE SUP 2026, en Vilanova I La Geltrú (Barcelona) – 01/03 de maio. Proba na que se proclamou CAMPIÓN DE ESPAÑA MASTER 40
26 0
10 days ago
DÚAS EMBARCACIÓNS DE MULLERES NA MESMA CATEGORÍA O pasado domingo disputouse a Copa Galega de Barco Dragón de 200 e 500 m., donde obtivemos uns bos resultados, gañando por equipos e sumando un total de seis medallas. Pero unha das cousas máis importantes que acadamos, foi o de participar con dúas embarcacións de mulleres na mesma categoría (muller veterana) e nas dúas distancias (500 e 200 m). Nalgunha ocasión estivemos a punto de facer esto, pero non foi ata o pasado domingo cando se consigueu, con mulleres das que sempre formaron parte do equipo, mulleres novas das que varias se estrearon nesta proba, e mulleres que deixaran a actividade e agora volveron. Con esta demostración de poderío, as nosas mulleres do dragón, as Centolas, siguen a darnos leccións de constancia e pundonor, e agardamos que sigan así, pois son as que tiran do carro. Esta modalidade do barco dragón ten sitio para todo o mundo, polo que seguimos intentando chegar a formar unha tripulación de BCS, mulleres e homes afectados polo cancro de mama. Para os cales está recomendada por informes médicos a práctica de esta modalidade deportiva. E tamén queremos chegar a contar con embarcación paradragón, e decir a de barco dragón adaptado; no que poden participar persoas con diversade funcional, catalogadas como paradragón Podense montar tripulacións de paradragón de diferentes tipos: PD1.- todos os tripulantes estén clasificados como paradragón, con diferentes afeccións. PD2.- poden combinarse deportistas non afectados, con deportistas paradragón, con unha proporción do 50% da tripulación. Por elo, seguimos ilusionados en ampliar a nosa oferta e a seguir dando pasos cara adiante, xa que os logros poden medirse de diferentes maneiras, pero sempre en positivo.
38 1
12 days ago