BNG de Valga

@bngdevalga

Instagram oficial do Bloque Nacionalista Galego de #Valga. O futuro en marcha! 📩 [email protected]
Followers
567
Following
339
Account Insight
Score
23.28%
Index
Health Rate
%
Users Ratio
2:1
Weeks posts
#OLAbngVALGA En #Valga hai moito que mellorar, sabémolo. Todas e todos podemos colaborar nesa tarefa: queremos escoitarte e que compartas con nós as túas ideas, queixas, suxestións, fotos, propostas… Podes enviárnolas por terra, mar ou aire: a través da nosa web valga.bng.gal, Facebook, Twitter, Instagram, WhatsApp ou tamén ao noso mail [email protected]
24 0
2 years ago
✊🏽 O BNG de Valga traslada o seu apoio aos traballadores/as de Nestlé e fai un chamamento á participación na mobilización deste sábado en Pontecesures 🏭 O BNG de Valga traslada todo o seu apoio e solidariedade ás traballadoras e traballadores da fábrica de Nestlé en Pontecesures ante o ERE anunciado pola multinacional que afectaría a 27 persoas, o 14% do cadro de persoal. Esta fábrica garda unha estreita relación con Valga, pois son moitos os veciños e veciñas que traballaron e traballan na Nestlé. Trátase de familias valguesas que levan moitos anos vinculadas á planta e que agora viven con enorme preocupación o anuncio dun ERE. 📢 Esta é unha situación profundamente incomprensible e inxustificada, especialmente tratándose dunha empresa con beneficios multimillonarios e cunha actividade produtiva estable. O que está en xogo non son só 27 empregos, é o futuro de moitas familias de Valga e do Baixo Ulla. Desde o BNG de Valga faise un chamamento aos veciños e veciñas para participar na mobilización convocada para este sábado ás 12:00 horas na Praza de Pontevedra, en Pontecesures, en defensa dos postos de traballo. ▶️ +info na nosa web 👇🏽 www.valga.bng.gal
41 0
3 days ago
#OLAbngVALGA 📥 Hoxe demos entrada no rexistro do Concello a dúas demandas veciñais que recibimos nas últimas semanas e das que esiximos solucións mediante os seus correspondentes escritos dirixidos á alcaldía: 🟥 A herba dos illotes da recta de Campaña está tan alta que dificulta a visión para os condutores que acceden á estrada PO-548 [Imaxes 1-2] 🟥 A falta dun programa de limpeza periódica no espazo onde se atopan os contedores de lixo xunto á farmacia de Baño fai desta zona un lugar insalubre, no que xa apareceron ratas [Imaxes 3-4] ℹ️ Se ti tamén tes algunha demanda, queixa, suxestión ou proposta, podes enviárnola a través da nosa web valga.bng.gal, redes sociais ou tamén ao noso correo electrónico [email protected]
20 0
4 days ago
🎉 Onte o noso concelleiro @frandevsen oficiou unha nova voda, a de Jenni e José. Desexámoslle toda a felicidade nesta nova etapa das súas vidas!
70 0
7 days ago
‼️ O BNG de Valga alerta que o alcalde asume competencias para decidir no seu despacho o que lle corresponde ao Pleno 🔎 No último Pleno, o Partido Popular aprobou a delegación de competencias propias do Pleno no alcalde para tramitar a licitación dunha nova obra na antiga barreira de Porto Piñeiro, cun importe de case un millón de euros. Isto supón que unha decisión que, pola súa relevancia, debería pasar polo órgano onde están representados todos os grupos políticos, queda agora só nas mans do alcalde. Con esta retirada de funcións ao Pleno, concéntrase o poder no despacho do alcalde, a porta pechada, sen debate público, sen fiscalización, sen transparencia. Isto é un paso máis nunha maneira de facer política na que se evita o control democrático. 📃 Desde o BNG de Valga preguntouse expresamente ao alcalde e ao secretario se esta delegación cumpre coa legalidade vixente, xa que se trata dunha licitación que supera o 10% dos recursos ordinarios do orzamento municipal, tal e como recolle a Lei de Contratos do Sector Público. Tamén se este caso é un dos supostos polos que de declara indelegable unha competencia segundo Lei Reguladora das Bases de Réxime Local. Como sempre, non houbo resposta, nin explicacións. O BNG de Valga defende xustamente o contrario: transparencia, respecto ás institucións e que as decisións importantes se tomen onde corresponde, á vista de todas e todos. ▶️ +info na nosa web 👇🏽 www.valga.bng.gal
26 0
12 days ago
🏥 O BNG sitúa unha residencia de maiores pública como a maior prioridade para Valga ❌ Valga enfróntase a unha realidade demográfica dunha poboación cada vez máis envellecida, con arredor do 25% das persoas maiores de 65 anos, nunha tendencia que irá a máis nos vindeiros anos. Esta situación require respostas públicas á altura, planificadas e con financiamento suficiente, que poñan no centro o coidado das persoas e anticipen unha realidade que xa está aquí. Mentres o actual goberno municipal continúa a situar as súas prioridades noutro lugar, investindo millóns de euros en Porto Piñeiro, o que supón a maior partida nos orzamentos municipais deste ano, deixa en segundo plano necesidades básicas e urxentes como é o coidado das persoas maiores. ✅ Valga debe contar cunha residencia pública, que garanta unha atención accesible, de calidade e non condicionada pola capacidade económica das familias. Estudando o PXOM e os poucos terreos municipais que deixaron dispoñibles para equipamento, o BNG identifica como unha das opcións máis axeitadas a parcela do antigo campo de fútbol do Pino, pola súa dimensión e encaixe urbanístico. Proponse así a súa cesión á Xunta de Galiza e a sinatura dun convenio que permita facer realidade unha infraestrutura necesaria, garantindo que as persoas maiores poidan seguir vivindo en Valga con dignidade, cando o coidado no fogar xa non sexa suficiente. ▶️ +info na nosa web 👇🏽 www.valga.bng.gal
49 2
17 days ago
🟥 O alcalde de Valga, a concelleira de Igualdade, e o resto de concelleiros e concelleiras do Partido Popular rexeitan a proposta do BNG para denominar as actuais instalacións deportivas de Campaña como "Complexo deportivo Diana, Rebeca e Rosi" ⚽️ Durante o debate, o propio alcalde xustificou o seu voto en contra afirmando que non tiñan méritos suficientes "para que unhas instalacións deportivas leven o seu nome". Un argumento que reduce a unha cuestión cuantitativa o que foi, en realidade, un momento histórico no que tres rapazas que se enfrontaron a unha normativa discriminatoria e abriron camiño na loita pola igualdade no deporte. ♀️ Diana, Rebeca e Rosi non foron "unhas xogadoras máis", como afirmou o alcalde. Defenderon o seu dereito a competir en igualdade de condicións nun contexto no que se lles quería impedir por ser mulleres, conseguindo unha resolución que marcou un antes e un despois no fútbol galego. O voto en contra do Partido Popular deixa clara a súa posición: decidiron non recoñecer, nin ás xogadoras, nin ao contexto colectivo que fixo posible aquel importante avance. ▶️ +info na nosa web 👇🏽 www.valga.bng.gal
71 3
23 days ago
🪧 O BNG de Valga apoia a iniciativa para dedicar unha rúa a Celestino Carbia Campaña ✊🏽 O grupo municipal do BNG de Valga expresa o seu apoio á iniciativa familiar para dedicar unha rúa a Celestino Carbia Campaña, alcalde republicano de Valga, detido tras a sublevación militar franquista de 1936, e despois de pasar varios meses preso na Illa de San Simón, o 11 de maio de 1937 foi fusilado en Monteporreiro (Pontevedra). Trátase dun recoñecemento necesario á súa figura e aos valores que representa: a defensa da legalidade democrática, a dignidade e a xustiza, nun dos momentos máis escuros da historia recente de Valga. Este paso chega tamén grazas ao compromiso sostido no tempo de colectivos e persoas que nunca deixaron caer no esquecemento a memoria democrática de Valga, que desde o seu ámbito, contribuíron a manter viva esta memoria sen apoio ou respaldo institucional. 📢 Non obstante, este recoñecemento demorouse en exceso. Chega máis de 45 anos despois das primeiras eleccións municipais democráticas, celebradas en 1979, e despois de anos nos que se puxeron trabas para avanzar nunha verdadeira política pública de memoria en Valga. Por iso, sendo un paso positivo, tamén debe servir para abrir unha nova etapa baseada no respecto, no rigor e na vontade real de dignificar a historia local. Unha homenaxe necesaria ás persoas que perderon a vida pola liberdade, como o propio Celestino Carbia Campaña ou Arturo Ferro Eiras, e a todos os veciños e veciñas represaliados e silenciados, homes e mulleres comprometidos co seu tempo, loitadores pola xustiza social e representantes dunha Valga máis digna e xusta. ▶️ +info na nosa web 👇🏽 www.valga.bng.gal
35 0
27 days ago
✅ O IES de Valga e a ANPA Bella Otero mobilízanse cunha recollida de sinaturas para esixir á Xunta de Galiza a implantación de Educación para Persoas Adultas no IES de cara ao curso 2026/27 ✍️ Asina na Casa no Concello ou no propio IES. Participa!
13 0
29 days ago
ℹ️ O BNG de Valga solicita formalmente ao goberno municipal o acceso a toda a documentación e ao expediente completo relacionado co obradoiro de emprego no que, presuntamente, se produciu un caso de acoso 🗂️ O obxectivo desta solicitude é coñecer os protocolos de prevención, protección e actuación establecidos neste tipo de programas formativos municipais, así como verificar cal foi o procedemento seguido polo propio goberno municipal de Valga no exercicio das súas funcións de coordinación e seguimento. Do mesmo xeito, solicítase tamén as actas da comisión de seguimento, no caso de que se teñan realizado. 📑 Este requirimento de información busca coñecer as actuacións desenvolvidas polos servizos municipais de atención ás mulleres, co fin de comprobar se se activaron os mecanismos de apoio e acompañamento previstos, tal e como se recolle no Plan de Igualdade do Concello, e garantir que os protocolos existentes foron aplicados correctamente. O BNG de Valga reitera a súa vontade de colaborar para que todos os programas municipais conten coas máximas garantías. ▶️ +info na nosa web 👇🏽 www.valga.bng.gal
20 1
1 month ago
♻️ O BNG de Valga propón melloras na rede de saneamento da parroquia de Cordeiro ⚙️ Analizada a situación da rede de saneamento municipal a partir dos datos do Plan de Saneamento en proceso de elaboración pola Xunta, o BNG de Valga considera necesario actuar para corrixir as deficiencias detectadas. Segundo este documento, a depuradora municipal atópase “saturada”, é dicir, non ten capacidade suficiente para depurar todas as augas que recibe. Unha das consecuencias máis visibles desta situación son os continuos episodios de vertidos ao río Ulla, un espazo de alto valor ambiental integrado na Rede Natura 2000. Estes teñen unha incidencia directa na calidade das augas do río, como por exemplo, a prohibición para bañarse na praia fluvial de Vilarello por índices elevados de bacterias. 💧 Os puntos máis críticos concéntranse nas estacións de bombeo do Forno e Carracido, polo que se propón a creación dunha nova depuradora de augas residuais que permita dar un servizo específico ás aldeas de Vilar, Vilarello, Carracido, Moldes, As Eiras, O Outeiro e Ferreirós, co obxectivo de reducir a carga actual sobre a EDAR e mellorar así o funcionamento do sistema no seu conxunto. Para Fran Devesa, voceiro municipal do BNG de Valga, “é necesario incrementar as tarefas de mantemento e revisión da rede de saneamento, especialmente nas estacións de bombeo do Forno e Carracido, onde os atascos son recorrentes e non poden atribuírse unicamente a malos usos puntuais, senón tamén a limitacións estruturais do sistema”. ▶️ +info na nosa web 👇🏽 www.valga.bng.gal
13 0
1 month ago
⚒️ O BNG tramitou centos de solicitudes de veciñas e veciños de Valga que teñen claro que hai que investir máis en mantemento e esixen unha planificación estruturada para garantir uns espazos públicos máis coidados e limpos
60 6
1 month ago