Hoxe o alumnado de 1 Csuperior Forestal tivemos unha xornada fora da aula de inmersión en territorios habitados, visitamos Lucenza e Infesta, 2 aldeas da provincia de Ourense que teñen en común seguir estratexias de activación do territorio para impulsar un rural vivo e resiliente fronte os lumes forestais e que colocan a vida e a habitabilidade do territorio no foco.
En Lucenza coñecimos unha iniciativa de base veciñal de xestión de gando (vacas e cabalos), pasteiros da contorna da aldea e monte comunal como estratexia de paisaxe cortalumes, sen dúbida un proxecto que ten muito que ver coa gobernanza, soberanía alimentaria e custodia do territorio por parte da comunidade.
Agradecer aos 2 Antonios, membros da asociación de veciños as explicacións sobre como se iniciou o proxecto, as boas prácticas que levan a cabo e a proxección de cara ao futuro desta iniciativa
En Infesta, guiados por Elena, Fran e Víctor da Fundación Juana de Vega coñecimos o proxecto PAISACTIVO:paisagens cortafogo:activação do espaço rural para um territorio resiliente, cofinanciado a través du Programa Interreg, na parte galega coordinado pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural no que participan a Fundación Juana de Vega, Universidade de Santiago e o Concello de Monterrei e na parte portuguesa a Comunidade Intermunicipal do Támega e Sousa, municipio de Baiao, Universidade de Porto, Centro de Estudos de Geografia e Ordenamento do territorio e a Dirección Geral do Territorio, así como outros proxectos que a administración promove neste lugar, Aldeas Modelo, Polígonos forestais.
s técnic
@s no marco da actividade "Academia da aldeia: un entorno de aprendizaxe inmerso nos territorios rurais vulnerables" foron os facilitadores de varias dinámicas participativas de percepción, comprensión,diagnose e análise da paisaxe segundo os 3 aneis territoriais do Proxecto Territorial Modelo previas á planificación territorial.
Durante estas dinámicas empregamos metodoloxías híbridas de rexistro dixital de imaxes, anotacións en papel con orientación sobre mapa físico, ... Usamos o móbil con fins didácticos para crear un Padlet como base documental, debate Mentimeter e Kahoot.