ALDEA VELLA

@aldeavella

Asociación Cultural 💚 / IV FOLK HORROR FESTIVAL 🎞️👺 / Entroido 🎭 / Patrimonio 🛖 / Obradoiros 🎨 / Castrelo de Miño 📍
Followers
765
Following
1,075
Account Insight
Score
24.46%
Index
Health Rate
%
Users Ratio
1:1
Weeks posts
CONVOCATORIA ABERTA. Aberto o prazo de inscrición de curtas de terror folclórico para formar parte do Aldea Vella 2026 📆 Ata o 31/07/26 Bases e inscricións: @festhomeplatform 📝 /festival/4259 · · · · · · · · · · · · · · · CALL FOR ENTRIES. Open the registration period for folk horror shortfilms to be part of the Aldea Vella 2026 📆 Deadline 07/31/26 Entry rules: @festhomeplatform 📝 /festival/4259 #aldeavella #astariz #folkterror #shortfilmexhibition #cortometrajes
0 0
2 months ago
🔥🥩 CHURRASCADA EN PRADO! 🥩🔥 O sábado 25 de abril ás 14:00h temos planazo 👉 boa comida, viño e mellor compañía 😍 🍖 Churrasco, criollo, chourizo, pan, postre, café e viño 💰 Socias: 10€ | Non socias: 12€ 📍 Asociación Cultural Penedo da Forca, Prado 🎟️ Tickets á venda de luns a venres na Casa Niño (Prado) de 8:30 a 16:00 ou no 📞 611 808 375 🌿 Non quedes sen o teu sitio… agardámoste! 🍷🔥 #aldeavella #castrelodemiño #xuntanza
0 0
28 days ago
🎭 𝓔𝓷𝓽𝓻𝓸𝓲𝓭𝓸 𝓭𝓮 𝓐𝓼𝓽𝓪𝓻𝓲𝔃 🎭 Antigamente, a xente vestíase con roupas vellas, pezas gastadas do día a día e elementos naturais da aldea: cortiza, palla, madeira, flores, teas reaproveitadas… O que había nas casas e no campo convertíase en máscara, en personaxe e en símbolo. Así nacía un entroido auténtico, feito coa creatividade da xente e coa forza da tradición. 🌿🔥 Entre máscaras de cortiza ou madeira, flores e fitas de cores, revive o espírito do noso entroido tradicional. Personaxes como 𝒂 𝒎𝒊𝒎𝒖𝒍𝒊ñ𝒂 𝒆 𝒂 𝒑𝒊𝒄𝒂𝒄𝒊𝒈ü𝒆ñ𝒂 volven percorrer os camiños, enchendo as rúas de retranca, música e identidade. 🥁 A asociación colabora con algúns veciños coma 𝑰𝒔𝒎𝒂𝒆𝒍 𝑽𝒂𝒛 𝒆 𝒆𝒕𝒏ó𝒈𝒓𝒂𝒇𝒐𝒔 para recordar e difundir o entroido tradicional da zona, mantendo viva a esencia pero abrindo espazo á creación contemporánea. 🪡👺 Grazas ao 𝐂𝐄𝐈𝐏 𝐝𝐞 𝐀𝐬𝐭𝐚𝐫𝐢𝐳 por acollernos un ano máis e permitirnos amosarlle á cativada un anaquiño da tradición da nosa contorna 💚 #astariz #entroido #cultura #tradición #castrelodemiño
26 0
2 months ago
Que viva o Entroido! 💚🎭 #Culturagalega #entroido #castrelodemiño
0 1
3 months ago
🌿🎭 A Aldea Vella segue facendo memoria! En 2025, nas 𝐈 𝐗𝐨𝐫𝐧𝐚𝐝𝐚𝐬 𝐝𝐨 𝐄𝐧𝐭𝐫𝐨𝐢𝐝𝐨 𝐧𝐨 𝐂𝐄𝐈𝐏 𝐝𝐞 𝐀𝐬𝐭𝐚𝐫𝐢𝐳 rememoramos tradicións de Castrelo de Miño: mecos, entremeses e a vestimenta de como ir de farrucos e farrucas (un xeito grotesco de vestirse), grazas á recompilación do etnógrafo Xosé Anxo Rosales. 📝 Este ano volvemos saír á rúa! 📍 Venres 13, CEIP Astariz 👺 A partir das 11:00 h, con cabezudos e traxes de farrucos! Porque o 𝔼𝕟𝕥𝕣𝕠𝕚𝕕𝕠 vive se o revivimos 💚 #AldeaVella #Entroido #CastreloDeMiño #MemoriaViva #CulturaGalega
0 0
3 months ago
Grazas a todas por facer posible Aldea Vella! 😍 Por un 2026 cheo de cultura no rural! 💚 #astariz #castrelodemiño #aldeavella #cultura #asociacionsenanimodelucro
0 2
4 months ago
Desde a equipa directiva de Aldea Vella desexámosvos un bo Nadal e feliz ano 2026 cargado de actividades e xuntanzas! 🥳🙌 #CastreloDeMiño #AldeaVella #Astariz #AsociaciónCultural #asociacionsenanimodelucro
0 0
4 months ago
Aquí o prendido de luces vai algo máis tarde que en Vigo, pero non foi sen tempo! Temos unha veciñanza ben xeitosa! ❤️😊🎄🥳 #AldeaVella #CulturaGalega #AGranxa #Astariz #CastreloDeMiño #cultura #asociacioncultural #asociacionsenanimodelucro
0 0
5 months ago
A Asociación Cultural Aldea Vella estará presente na conferencia “𝐔𝐧 𝐎𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐕𝐢𝐝𝐫𝐨” 👁️💀 de Iria-Friné Rivera. Falarase sobre a maxia, o misterio e a visión sobrenatural de Castelao. 🌘 📅 Mércores 26 · 🕖 19:00 📍 Centro Cultural Marcos Valcárcel (Ourense) #AldeaVella #CulturaGalega #Castelao #AGranxa #Astariz #CastreloDeMiño #FolkHorrorFestival #culturalgalega #asociacioncultural #asociacionsenanimodelucro
0 0
5 months ago
Velaquí @jaavii_mendez co seu premio pola curtametraxe “Mu” 🐮, gañadora no 𝕀𝕀𝕀 𝔽𝕆𝕃𝕂 ℍ𝕆ℝℝ𝕆ℝ 𝔽𝔼𝕊𝕋𝕀𝕍𝔸𝕃. 🎬👺🏆 Un orgullo recibir estas imaxes co premio e coa camisola do festival! Parabéns! 🖤 #AldeaVella #FolkHorrorFest #8Novembro #AGranxa #Astariz #CastreloDeMiño #Ribeiro #Ourense #adegascelme #osguezos #música #viño #terror #folkterror #folkhorrorfestival #shortfilmexhibition #festivalinternacionalfolkterror #shortfilms #cortometrajes #curtametraxes #cultura #culturalgalega #asociacioncultural #asociacionsenanimodelucro
0 3
5 months ago
Así vivimos o 8 de novembro no III Folk Horror Festival 🔥👺 Cinema, viño e moito folk rock. 🎥🎸👺🍷 👁️‍🗨️ Vémonos na vindeira edición! #AldeaVella #FolkHorrorFest #8Novembro #AGranxa #Astariz #CastreloDeMiño #Ribeiro #Ourense #adegascelme #osguezos #música #viño #terror #folkterror #folkhorrorfestival #shortfilmexhibition #festivalinternacionalfolkterror #shortfilms #cortometrajes #curtametraxes #cultura #culturalgalega #asociacioncultural #asociacionsenanimodelucro
0 0
6 months ago
👺 𝐆𝐑𝐀𝐙𝐀𝐒! 🖤 O 𝕀𝕀𝕀 𝔽𝕆𝕃𝕂 ℍ𝕆ℝℝ𝕆ℝ 𝔽𝔼𝕊𝕋𝕀𝕍𝔸𝕃 celebrouse o pasado 8 de novembro, e queremos dar as grazas máis sinceras a todas as persoas e entidades que fixeron posible esta edición. 🍷 @adegascelme , patrocinador principal, polo seu apoio e confianza. 🎬 @zinemusik e @odoviso , pola excelente programación das curtametraxes e reportaxe fotográfica. 🗞️ @kinemaland , o noso media partner, por acompañarnos e dar visibilidade ao proxecto. 🍻 @bar_meu3.0 , @adega_pousadoiro , @bodegosa , @nauticocastrelo , @gandarela_turismo_rural por colaborar e aportar o seu gran de area. 🏛️ @avpccastrelo , @deputacionou , @culturadeputacionourense e ao @concello_castrelo , polo seu apoio. 🎨 @aitoruve , polo fantástico deseño do cartel e das camisetas. 🎸 @guezosoficial , por poñer o broche final a ritmo de folk rock e facernos vibrar co seu concerto. 🙌 Voluntarios e voluntarias, grazas polo voso tempo, esforzo e entusiasmo — sen vós, nada disto sería posible. ❤️ E, por suposto, aos socios e asistentes, por crer neste pequeno proxecto e manter viva a súa esencia. Agora tócanos unhas vacacións merecidas, pero xa pensamos na próxima edición. ✍️ #AldeaVella #FolkHorrorFest #8Novembro #AGranxa #Astariz #CastreloDeMiño #Ribeiro #Ourense #adegascelme #osguezos #música #viño #terror #folkterror #folkhorrorfestival #shortfilmexhibition #festivalinternacionalfolkterror #shortfilms #cortometrajes #curtametraxes #cultura #culturalgalega #asociacioncultural #asociacionsenanimodelucro
0 1
6 months ago