Home acgbPosts

ACGB

@acgb

Asemblea Cultural Galega de Barcelona Traballamos por unha galeguidade aberta, crítica e creativa, cun compromiso social e lingüístico.
Followers
3,142
Following
541
Account Insight
Score
30.03%
Index
Health Rate
%
Users Ratio
6:1
Weeks posts
BEGOÑÍSIMA 17 de Maio, Día das Letras Galegas en homenaxe a Begoña Caamaño BEGOÑÍSIMA é un tema do disco “Indómitas” de Uxía e é tamén o título do libro da Andrea Nunes Brións sobre a autora homenaxeada. Begoñísima, foi tamén o nome dado ao acto homenaxe no que o 26 de outubro de 2015 máis dunha trintena de persoeiros das artes escénicas, música, literatura e comunicación se reuniron para recordala. É Begoña Caamaño unha referente feminista? Clarísimamente e fundamentalmente. En “Circe ou o pracer do azul” e “Morgana en Esmelle” móstranos as personaxes clásicas dende un novo punto de vista: o feminino. En palabras da propia Caamaño: “É o tempo do feminismo, da xustiza, da igualdade e da felicidade”. Begoñísima, polo tanto, é un superlativo aplicado á figura da autora polas que foron as máis amigas e compartido, tamén, pola xente que a coñeceu. Este termo denota que o seu paso pola vida foi máis alá do significado dun único cualificativo. En 'Nós Diario', Sergio Casal fala de Begoña Caamaño como “unha muller comprometida coa lingua, co feminismo e co xornalismo crítico”. En “O libro das amigas”, presentado polo Consello da Cultura Galega, 24 mulleres da contorna da autora, publican unha carta a modo de despedida que Begoña enviara á súa intima amiga Uxía. E na que di: “Que esteades todas xuntas, todos xuntos, para vos consolar mutuamente e, cando eu xa estea adormecida para sempre, volveredes a brindar por min se é que vos parece que o merezo.” Claro que o mereces, Begoña! Neste 17 de maio serás a BEGOÑÍSIMA de todas as que nos sentimos herdeiras do teu legado!
175 3
4 hours ago
Xenteeee que non queda nada xa🥹🥹 estamos nerviosísimasss Deixámosvos por aquí a última info importante de cara ao sábado!! Esperemos que esteades preparadas para a tremenda festaza que se vén 🙂‍↔️ 💐🌱🍃🌸🧡🌼🌿🌾💛
104 0
3 days ago
🎶BINGO MUSICAL NOVA VERBENA GALEGA 🎶 Se hai algo que lle ghusta a toda Gz é unha boa verbena. Nos últimos anos están a xurdir novas artistas e grupos galegos e por iso este ano queremos porvos a proba do ben actualizadas que estades 🤹🏽‍♀️🤸🏽‍♂️ Estudade ben esas artistas emerxentes (e non tan emerxentes) e facédevos cos premios deste ano: - Liña: vale para gastar en @fame.empanadagalega + SONbreiro - ⁠Bingo: 2 entradas para @deninghures o 29 de Maio + SONbreiro Recordade!!! Sábado 16 á 13:00h 💋💋💋💋
197 0
5 days ago
🎭 FURAFOLLAS 🎭 Un ano máis temos a sorte de contar coas compañeiras e amigas de Furafollas Agrupación Teatral, que nos acompañarán na sobremesa co seu teatro encontro homenaxe a Begoña Caamaño, a quen se lle dedican este ano as Letras Galegas. Merecen moito a pena, non os perdades! E haberá sombra! 🌞
31 0
6 days ago
Como de emocionadas estades??? Nós non podemos cos nervios xaaa🌚🌚🌚 📆 16 de maio 📍Plaça del Poble Gitano
97 1
7 days ago
👒SONbreiros Primavera Son👒 Este ano no Primavera Son estreamos os nosos SONbreiros, porque o sol pega... pero o estilo máis💋💋 - Cores dispoñibles: verde, beige e negro - Talla única - Prezos: 10€ socias ACGB/ 12€ non socias ACGB - Unidades limitadas!! Quen se quere por a sombra con nós??👀👀👀
48 1
9 days ago
💥Xa están aquí os horarios do Primavera Son 2026💥 Esta é a programación completa. Moitas ganas de vervos na Plaça del Poble Gitano o próximo sábado 16 de maio. 💐🌱🍃🌸🧡🌼🌿🌾💛
283 4
11 days ago
06/05 PROGRAMACIÓN COMPLETA E HORARIOS 10 días para o gran día aaaaaaaaaaa 💐🌱🍃🌸🧡🌼🌿🌾💛
38 0
11 days ago
🎧 Señora DJ 🎧 Natural de Vilagarcía de Arousa, constrúe un espazo sonoro propio onde a diversidade, a inclusión e a cultura de club dialogan coa pista de baile. A súa proposta sonora mestura disco, pop, urbano e techno, co seu inconfundible “petardeo fino”, convertendo cada sesión nun ritual colectivo cheo de enerxía e complicidade. Pero o seu vai moito máis alá de facerche bailar: Señora DJ visibiliza mulleres compositoras, impulsa discursos feministas e pro-LGTBQ+, e reivindica a música en galego, apostando por unha escena máis inclusiva, diversa e vibrante. Un pé na cabina, outro na pista… e o resto é puro desparrame 🙂‍↕️🙂‍↕️🙂‍↕️ 16 de maio, estade atentaaaaas💋💋💋💋
96 5
12 days ago
🐮VENTURA🐮 É unha formación Z que propón un diálogo aberto entre as músicas de raíz de Galicia, Cataluña e América Latina. A partir de repertorios tradicionais e arranxos propios, busca revisar as sonoridades populares, mantendo a veracidade dun proxecto con raíces persoais nas tres culturas. Unha viaxe de ida e volta entre sons do Caribe e do Mediterráneo; cantos do Atlántico e do Pacífico A parte de toda a traxectoria profesional que vos poidamos contar, que VENTURA se suba a este esceario e poidades disfrutar das nosas amigas fainos estar tremendamente orgullosas ❤️‍🩹🫂 Querémosvos ver o 16 de maio sen parar de bailar con estes cinco 🫵🏻
105 12
13 days ago
📍Plaça del Poble Gitano Este ano repetimos praza xente! Por se acaso aínda non o tiñades ben anotado nas axendas, deixámosvos un mapa e algo de información para que non vos perdades 🫵🏻 Na praza teremos: 🎶 Un escenario 🐙 O pulpeiro Picapulpo 🍼 Posto ACGB 🛍️ Posto de merchan ACGB 🟣 Punto Lila de prevención de agresións sexuais e LGTBIQ+ da ACGB 🚾 Baños públicos
109 0
16 days ago
🤠Foliada aberta Primavera Son 2026🤠 Como ben sabedes, cada ano somos + ás que nos unimos á festa (🥹🫰🏽🫂). Por iso, este ano decidimos adaptar o formato da foliada para que o baile estea asegurado! 🫡 Buscamos propostas de 15-20min de repertorio tradi para comezar a foliada. Por iso… tes algunha proposta musical? Estás comezando a formar grupo cunhas amigas? Ou simplemente che gusta tocar en ambientes informais?? Esta é a túa oportunidade!! 🌟 As propostas serán evaluadas (non hai tempo para todas) e recibirás un correo de confirmación se conseguiches o teu oco o día da festa ;) ✏️Anótate no formulario da nosa bio para coñecerte a ti ou ao teu grupo :))))) /forms/d/e/1FAIpQLSdVMgnVTM-1X8zYfilKQs9pUOP1fm7-thDJnQxu7bhQEaz3tw/viewform Veñaaaaa q xa vaiiii🤸🏽‍♀️
141 2
18 days ago