Para a semana dará fin a miña etapa no CSM Vigo, con moitas ganas e ilusión de realizar este recital fin de carreira, con obras de Vincent David, Berio, Larsson e de Xesús Xosé Iglesias.
Agradecer a @yebrarafa estes 4 anos de música
Moi contento de poder tocar na miña terra. Será un concerto moi emotivo e especial para min, contarei coa colaboración de @yebrarafa , esperovos a todos ahí!!! E agradecer ao @concellodesalvaterra por esta oportunidade
Hoxe fai un mes que nos deixaches, a túa pegada nas nosas vidas foi moi profunda, e despois dun mes de moita reflexión, podo decir con seguridade que tivemos o mellor avó do mundo. Grazas por ensinarnos a amar a vida a pesar de todo o que ocorra ao noso arredor, por todas as anécdotas que nos contabas de cando traballaba en Citroën, ou de cando andabades ao contrabando escapando da Guardia Civil. Tamén grazas por ser un dos poucos que cando decidín emprender a miña marcha como músico estivo ahí para apoiarme, ao final entre músicos entendémonos. Por suposto que nunca vou a esquecer esas festas de Arantei onde un neto orgulloso tocaba aínda que para todo o público, especialmente para ti. Nunca vou a olvidar o día antes do festival de bandas de Salvaterra do 2022, onde me dixeches algo do que me sinto moi orgulloso. "Se triunfas ti tamén triunfo eu". Aínda que as nosas vidas teñen que continuar, sempre vas a estar presente entre todos nós, ao final dende nos esteas vendo seguro que queres que sexamos felices coas nosas vidas e que sobretodo disfrutemos con calqueira cousa que fagamos, síntome privilexiado de ter podido compartir a vida contigo. Todos os teus netos vamos a facer o que estexa nas nosas mans para que te sintas orgulloso, prometido. Ata sempre "Abuelo".
Primeira publicación!! Canción que disfruto tocando co piano. Quería dedicarlla a unha familiar que estivo de cumpleaños fai pouco. Asique @borjatroncoso e @iria_ts xa sabedes o que tedes que facer 😉😉. E de paso que dedico tamén dedicarlle a @iria_ts que acabou a súa carreira de odontoloxía e dixéralle que ía a facer algo, asique para ti tamén vai. Espero que a disfrutedes, hai un par de erros pero son para que estedes atentos 😅😅. E por último decir que cara o final da obra tiven que pasar de páxina a obra, de momento non lle podo pagar a nadie pa que me pase as páxinas 😂😂